Saturday 04 de May de 2024

As Somozas construirá unha nova senda peonil na estrada de Abeledo, cun investimento de máis de 80.000 euros


• O proxecto, subvencionado pola Deputación da Coruña, recolle a realización dunha travesía peonil de 430 metros de lonxitude e 1,80 metros de ancho.

• Previo á execución do pavimento contémplase a instalación de pozos de rexistro e arquetas con sumidoiro para recollida de augas pluviais e para a instalación iluminación pública.

O Concello das Somozas investirá máis de 80.000 euros no proxecto de construción dunha senda peonil na estrada AC-110, ao seu paso por Abeledo.

Esta intervención, financiada pola Deputación da Coruña, contempla a realización desta travesía peonil de 430 metros de lonxitude e 1,80 metros de ancho. Ademais, previamente á execución do pavimento contémplase a instalación de pozos de rexistro e arquetas con sumidoiro para a recollida de augas pluviais e para a instalación de iluminación pública.

A actuación tamén recolle a construción de dous muros para a contención de terras e dunha varanda modular para optimizar a seguridade das persoas viandantes.